lunes, 18 de junio de 2012

MATRÍCULA EN FP

Hoxe abrese a prazo de presentación de solicitudes de matrícula para os ciclos de FP de grao medio e superior para o curso 2012-13.

  • O prazo ordinario é do 18 de xuño ao 2 de xullo, ambos os dous incluídos. 
  • O prazo extraordinario abranguerá desde o día 3 ao 12 de setembro, ambos os dous incluídos.

Os centros farán pública o día 4 de xullo a relación provisional de persoas solicitantes
no taboleiro de anuncios. Esta publicación realizarase, así mesmo, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: www.edu.xunta.es/fp
. Establécese un prazo de reclamacións ata o día 10 de xullo ás 13.00 horas.

O día 16 de xullo farase pública nos taboleiros de anuncios dos centros e na páxina web www.edu.xunta.es/fp a listaxe definitiva de solicitantes.

O día 17 de xullo publicarase no taboleiro de anuncios dos centros educativos e na páxina web  a primeira relación ordinaria de persoas admitidas en cada ciclo formativo de grao medio ou superior. No prazo abranguido desde o día 17 ao día 19 de xullo ás 13.00 horas deberase matricular ou ben renunciar o alumnado admitido en cada ciclo no centro en que fose adxudicado.

Procedemento de admisión do alumnado nos ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas para o curso académico 2012/2013 

 

jueves, 31 de mayo de 2012

TRABALLO EN ALEMAÑA

VOS DEIXAMOS O ENLACE Á WEB DO SEPE (SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO ESTATAL), ONDE SE ANUNCIAN UN ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE EURES ESPAÑA E ALEMAÑA.

A petición de Alemaña tense iniciado unha colaboración entre os Servizos Públicos de Emprego de España e de Alemaña, a través da rede EURES, para un proxecto de colaboración encaminado ao reclutamento de personal cualificado español para traballar en Alemaña durante 2011 e 2012.

As áreas de reclutamento son: 
  • Sanidade (preferentemente médicos e enfermeiros/as)
  • Enxeñería (principalmente enxeñeiros superiores industriais, mecánicos e electrónicos, así como aeronáuticos)
  • Docencia (empezando por profesores de español para educación secundaria)
  • Turismo-Hostelería. 
É imprescindible como mínimo un nivel intermedio de Alemán: B1/B2 del Marco Común Europeo de Referencia para las lenguas.

martes, 18 de enero de 2011

Probas de acceso a ciclos de FP



AVISO PARA O ALUMNADO DE ESO, PCPI´S, BACHARELATO E CICLOS DE GRAO MEDIO:




Dende a páxina web da xunta (www.edu.xunta.es/fp) vénse de publicar o calendario relativo ás probas de acceso a ciclo medio e superior.

Estas probas terán lugar os dias 02 de abril para o Grao Superior e o 03 de xuño para o acceso aos ciclos de Grao Medio.

O prazo para a inscrición a estas probas é o seguinte:
  • Grao Superior:  24 de xaneiro ao 04 de febreiro
  • Grao Medio: 8 de febreiro ao 11 de marzo.
Se estades interesados entrade na web da xunta, onde atoparedes toda a  información que precisedes e poderedes consultar o borrador da convocatoria, o calendario das diferentes fases da proba, os contidos de referencia (temarios xerais) e criterios de avaliación e, coma sempre, acceder ás probas realizadas en convocatorias anteriores (coas súas correspondentes resolucións).

Se vos estades a plantexar o voso futuro profesional e queredes optar por unha formación de carácter eminentemente práctico, especializarvos nunha rama profesional concreta ou ben completar os vosos estudos de grao medio, non o dubidedes, os ciclos de formación profesional son a vosa resposta.

Animádevos e facede a inscrición. Apostáde polo voso futuro!!

viernes, 19 de febrero de 2010

BENVIDOS!!!



Benvidos ao novo blog do IES Johan Carballeira, adicado específicamente aos ciclos de Formación Profesional que se imparten neste centro.

No Johan Carballeira se imparten os ciclos de grao medio e superior das seguintes familias profesionais:

  • Fabricación Mecánica (ciclo de grao medio en soldadura e caldeiraría e ciclo superior en costrucións metálicas)
  • Administración e Finanzas (ciclo de grao medio de xestión administrativa e ciclo de grao superior de administración e finanzas)
  • Imaxe Persoal (ciclos de grao medio de perrucaría e de estética persoal e decorativa)
  • Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) nas especialidades de peiteados, fabricación mecánica e actividades marítimo-pesqueiras.
A través deste blog tentaremos poñervos ao día nas novas máis relevantes en materia de FP (probas de acceso, convalidacións, cambios lexislativos...), emprego e bolsas de estudo.

Pero o noso obxectivo será tamén darvos información en materia de orientación académica e profesional, coa finalidade de que poidades trazar o voso futuro profesional có maior coñecemento de causa posible.

Por último este blog pretende ser unha fiestra aberta para dar a coñecer o noso centro e a nosa oferta formativa, as actividades que se desenvolven no mesmo, os traballos do alumnado... e tamén ser unha ferramenta de interacción con todos aqueles que desexen coñecer algo máis da nosa laboura docente ou teñan algún tipo de dúbida que nos poidamos solventar.

Agardamos que os contidos do mesmo vos resulten interesantes e sobre todo que vos sexan de utilidade. Contamos con vós!!!!